O programa abrirase o día 3 co concerto de Afoutos Pandereteiros
02 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Do 3 de maio ao 2 de xuño • A Arca da Noe • Vilar de Santos • No local da Limia están de celebración e para festexar os dez anos de travesía teñen preparado un programa de actividades que inclúe unha ducia de convocatorias en pouco menos dun mes. Música, poesía e mercado de produto local e artesanía centrarán as propostas.
A primeira das convocatorias será o día 3 de maio, ás dez e media da noite, e consistirá no concerto de Afoutos Pandereteiros. Haberá outras dúas sesións na fin de semana: o sábado estarán Bouba Pandereteiras (mesma hora) e o domingo, ás catro da tarde, os brasileiros de Couple Cofee. Poesía e música mesturaranse o día 10, coa presenza de Aldaolado (dez e media da noite).
O 19 celebrarase, dende as dúas, o Mercado de produto local e de artesanía e actuarán Coro Encaixe, Ce Home Orquestra e Mondra. O 2 de xuño pecharase o programa co concerto de Varalonga, ás catro e media da tarde.