A Xunta elimina un verquido de augas residuais na Siradella

La Voz O GROVE / LA VOZ

AROUSA

Procedía dunha zona de lavado de coches

02 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os técnicos do programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron un escape de augas xeradas nunha zona de lavado de vehículos no lugar da Siradella, en O Grove. A incidencia descubriuse grazas a unha inspección corrente levada a cabo, segundo din, nunhas instalacións destinadas ao transporte por estrada de mercadorías.

O problema foi comunicado á empresa polo ente autonómico, solicitando que tomasen as medidas correctoras oportunas par solucionalo. Nunha inspección posterior, verificouse que levaron a cabo as actuacións precisas. Apuntan dende a Xunta que actualmente «recóllese a totalidade do caudal xerado, eliminando así o vertido en condicións inadecuadas cara ao Dominio Público Hidráulico».